O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu o día 28 de Xaneiro a sinatura de convenios entre o Concello de Ourense e dez empresas ourensás, que acollerán a alumnos participantes no proxecto Auria Inserta, dependente da Concellería de Economía, Facenda, Promoción Económica e Emprego.
As sinaturas permitirán a realización de prácticas non laborais dun total de 14 alumnos participantes no curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Fotovoltaicas, trala súa formación teórica no último trimestre do ano 2010. Os participantes contan, paralelamente, co apoio do persoal do proxecto en titorías inidividuais, que lles axudan a mellorar a súa empregabilidade.
Dende a súa posta en marcha en 2008, o proxecto Auria Inserta formou a un total de 150 persoas, maioritariamente mulleres con cargas familiares, desempregadas de longa duración, que non contaban con ningún tipo de prestación económica, rematando un total de 100 persoas os diferentes itinerarios formativos. A porcentaxe de inserción dos alumnos que remataron os itinerarios ascende a un 60%, destacando o nivel de inserción dos cursos de atención sociosanitaria, cun porcentaxe de 75%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario