Nesta primeira entrada falaremos dun dos servizos que ofrece o concello de Teo (situado na comarca de Santiago).
O CIM (Centro de Información ás Mulleres) é um servizo municipal destinado ás mulleres de Teo polo cal, a través do oficio dunha psicóloga e unha avogada, ofrecen charlas sobre igualdade, creación e apoio ás asociacións de mulleres, información e xestión sobre os recursos sociais existentes para as mulleres, entre outras cousas.
Máis concretamente, a atención psicolóxica, por exemplo, destínase a orientar e apoiar ás mulleres na resolución de conflictos e toma de decisións, ofrecendo opcións pra fortalecer as inquietudes persoais, así como atender persoalmente ás vítimas da violencia de xénero. Por outra banda, a atención xurídica destínase á información sobre os dereitos das mulleres em actuacións civís (separacións, divorcios...), penais (agresións, acoso...), laborais (maternidade, redución de xornada...); así como á tramitación e solicitude de xustiza gratuíta, entre outros aspectos.
Estes servizos ofrecidos no CIM son gratuítos, individualizados e confidenciais, e dispoñen dos seguintes horarios de atención ó público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas (atención psicolóxica: martes e xoves; asesoría xurídica: luns e mércores).
No hay comentarios:
Publicar un comentario