ASPANAS é unha Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual que traballa pola mellora da calidade de vida e a integración social e laboral deste colectivo.
ASPANAS a través da sua empresa ASPANAS TERMAL S.L.U. pon en marcha “Quero Ser” coa finalidade de acadar a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade intelectual. ASPANAS TERMAL S.L.U. conta para esta iniciativa coa colaboración doutra empresa da entidade: AMENCER RECICLADO, que se adica á recollida selectiva de materiais de refugallo, imprescindibles para a elaboración dos productos “Quero Ser”.
Un dos aspectos máis relevantes deste proxecto é o impacto social e medioambiental que ten o mesmo na sociedade, xa que se implica á mesma no proceso de creación a traves da aportación da materia prima en primeira instancia, a través da formación e contratación de persoas con discapacidade intelectual, e por último no resultado de todo o proceso: a adquisición de bolsos e complementos exclusivos que dispoñen ademais dunha carga medioambiental e social positiva moi importante.
Os productos “Quero ser” son feitos a man por persoas con discapacidade intelectual, empregando materiais reciclados: tiras de papel de xornais, de panfletos de publicidade ou cartelería, e roupa reutilizada.
Combinando as técnicas tradicionais de cestaría que formaron parte da sabiduría popular e dun estilo de vida pero innovando a través do emprego de materiais reciclados xurde a idea do Quero “Ser”.